Skip to content
Nelum
Laws of Spain

Resolución Única de la Jefatura Territorial de la Consejería del Mar Enceleiro-Lugo que prorroga el periodo de vigencia de las autorizaciones para el ejercicio de la actividad de marisqueo

Made 2020-03-16 · Text as of 2026-10-01

Public law and official guidance, published as research. Not legal, tax or financial advice.

About this law

Original title
Resolución Única da Xefatura Territorial da Conselleira do Mar en Celeiro – Lugo que prorroga o periodo de vixencia das autorizacións parao exercicio de actividades de marisqueo
Language
Spanish
Kind
Other
Country
Spain · Galicia
Subjects
Fisheries and aquaculture, General
Keywords
coronavirus disease (COVID-19), marine fisheries, crustaceans, authorization/permit, aquatic animals

Where to read it

Text

The law's own text, section by section, as held. Each section has its own link.

  1. 1 Mediante resolución da xefatura territorial da Consellería do Mar en Celeiro – Lugo, autorizáronse as actividades de marisqueo correspondentes dos plans de xestión durante o período solicitado.

  2. 2 O 16.03.2020 a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro remite a Circular MA-01-2020 pola que se ditan instrucións e recomendacións sobre o desenvolvemento da actividade marisqueira durante o período de medidas preventivas como consecuencia da evolución do coronavirus COVID-19. CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS 1. Mediante Resolución do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 (D.O.G. núm. 49-Bis do 12 de marzo de 2020). 2. Por Resolución de 15 de marzo de 2020, da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dáse publicidade ao Acordo do Centro de coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19(D.O.G. Núm. 51 do 15 de marzo de 2020) 3. As disposicións transitorias primeira e segunda do Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas establece o seguinte: - O Plan Xeral de explotación marisqueira para o ano 2019, aprobado pola Orde do 20 de decembro de 2018, prorrógase ata o 31 de decembro de 2020. - Os plans de xestión regulados pola Orde de 20 de decembro de 2018 pola que se aproban os plans de xestión para recursos específicos en Galicia para o ano 2019 prorróganse ata o 31 de decembro de 2021. CVE: 5dbr2aPEN4 Así mesmo, no artigo 20 do Decreto 153/2019 se establece que as xefaturas territoriais autorizarán o desenvolvemento das actividades de marisqueo dos plans de xestión, logo de petición da entidade titular do plan, e polo tempo establecido nas resolucións de autorización. Verificación: https://sede.xunta.gal/cve Rúa Gerardo Harguindey Banet, 2 CONSELLERÍA DO MAR 27863 Celeiro – Viveiro (Lugo) Xefatura territorial de Celeiro - Lugo Tfno 982 555015 – Fax 982555 007 4. Esta xefatura territorial en virtude da competencia que se lle outorga no artigo 20 do Decreto153/2019 así como no Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia ten competencia para ditar a presente resolución. De acordo con todo o anterior, RESOLVO: Prorrogar o período de vixencia das resolucións de autorización para o exercicio das actividades de marisqueo que estean en vigor ata o 30 de abril de 2020, agás no recurso específico de ourizo. Considerarase que aquelas entidades que xa solicitaron ou soliciten a anulación total da apertura non teñen autorizacións en vigor e, polo tanto, non deben entenderse prorrogadas. Condicións adicionais:

  3. 1 As entidades titulares dos plans de xestión e de acordo coas agrupacións sectoriais, de ser o caso, poderán adoptar acordos para variar as medidas de xestión das aperturas autorizadas sempre no marco das medidas aprobadas en ditos plans e previa comunicación a esta xefatura territorial.

  4. 2 Poderán ser emitidas novas ampliacións en función da adopción de medidas de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia.

  5. 3 Esta resolución non afectará a aquelas resolucións que xa superen dito período (30 de abril de 2020) e a aqueles plans que non teñan autorizada a apertura para o mes de marzo, en Asinado por: FERNANDEZ ASENSIO, PABLO RAMON cuxo caso terán que presentar a solicitude correspondente.

  6. 4 As resolucións polas que xa se teña autorizada a extracción de ourizo (nas modalidades de Cargo: Xefe Territorial marisqueo a pé e mediante técnicas de mergullo) durante o mes de marzo, non quedarán prorrogadas ata 30 de abril, senón que se autorizarán expresamente mediante resolución desta xefatura territorial en función do estado do recurso. Data e hora: 18/03/2020 10:47:43 Con carácter xeral a presentación das solicitudes realizarase en sede electrónica, se ben por causas xustificadas que se valorarán caso a caso, poderán realizarse peticións por outros medios sempre que se comuniquen os días de actividade e a información necesaria para realizar unha apertura. Contra esta resolución que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes contado dende o día seguinte á notificación ou publicación desta resolución, segundo dispón a Lei 39/2015, do 1 de outubro, nos seus artigos 30, 121 e 122 (sección 2ª do capítulo II). Mediante este documento notifícaselle ás entidades interesadas esta resolución, segundo o esixido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. CVE: 5dbr2aPEN4 O xefe territorial Pablo Ramón Fernández Asensio Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

Resolución Única de la Jefatura Territorial de la Consejería del Mar Enceleiro-Lugo que prorroga el periodo de vigencia de las autorizaciones para el ejercicio de la actividad de marisqueo · Nelum