Comunicado del Centro de Coordinación Operativa del 15 de marzo de 2020 sobre Servicios Esenciales para garantizar la actividad portuaria pesquera y evitar la propagación del COVID-19
Made 2020-03-15 · Text as of 2026-10-01
Public law and official guidance, published as research. Not legal, tax or financial advice.
About this law
- Original title
- Comunicado do Centro de Coordinación Operativa do 15 de marzo de 2020 sobre Servizos Esenciais para garantir a actividade portuaria pesquera e evitar a propagación do COVID-19
- Language
- Spanish
- Kind
- Other
- Country
- Spain · Galicia
- Subjects
- Fisheries and aquaculture, General
- Keywords
- coronavirus disease (COVID-19), hazards, harbour, fishing area, fishery management and conservation
Where to read it
Text
The law's own text, section by section, as held. Each section has its own link.
ACORDO DO 3 DE ABRIL DE 2020 POLA QUE SE PROCEDE Á REANUDACIÓN DOS PROCEDEMENTOS QUE SE TRAMITAN NA DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO DA CONSELLERÍA DO MAR O Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, modificado polo Decreto 39/2018, do 5 de abril, determina as competencias atribuídas a esta Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, das que derivan os procedementos que nela se tramitan. Con data 14 de marzo, publicouse no «Boletín Oficial do Estado», o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en cuxa Disposición Adicional Terceira, apartado 3, establécese: -. “3. Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo ”. No apartado 4 dito Real Decreto prevíase inicialmente a suspensión de todos os prazos administrativos, coa soa excepción daqueles procedementos e resolucións referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, o que foi posteriormente modificado, toda vez que con data 18 de marzo de 2020 publicouse no «Boletín Oficial do Estado», o Real Decreto 465/2020, do 17 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, cuxo artigo único, modifica o apartado 4 da Disposición Adicional Terceira e habilita á Administración para acordar motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que sexan indispensables para a protección do interese xeral. CVE: jwLZ3fP489 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve 1 Así, para determinar, á vista da devandita D.A.3ª nos seus apartados 3 e 4, a continuación dos procedementos que se tramitan neste Dirección Xeral cómpre analizar, principalmente, dous grupos: -. Subvencións: As Exposicións de Motivos, tanto da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, como da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, inclúen as subvencións como un dos instrumentos fundamentais para a consecución dos obxectivos de interese xeral, respectivamente, nos seguintes termos: “Desde a perspectiva administrativa, as subvencións son unha técnica de fomento de determinados comportamentos considerados de interese xeral e mesmo un procedemento de colaboración entre a Administración pública e os particulares para a xestión de actividades de interese público” e, “A concesión de subvencións constitúe hoxe un instrumento básico e indispensable para a consecución dos obxectivos fixados na política social e económica do Goberno da Comunidade Autónoma”.
Considerando que o interese xeral que concorre nos procedementos para a tramitación de subvencións é o mesmo que constitúe o fundamento da súa excepcionalidade, a consecución de obxectivos de política social e económica, considérase imprescindible a tramitación destes procedementos para dar unha resposta adecuada aos cidadáns que os teñan instado, evitando os prexuízos que se lles puidesen irrogar pola suspensión que determina o estado de alarma, sempre coa debida observancia dos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación. Non obstante o anterior, nos procedementos de axudas en réxime de concorrencia competitiva recabarase igualmente a conformidade dos administrados para a súa continuación. -. Autorizacións, permisos ou similares. Procedementos iniciados a instancia de parte, previa solicitude do administrado: Neste tipo de procedementos, iniciados previa solicitude do interesado, óptase por unha interpretación favorable ao administrado que insta o procedemento; así, non existindo prexuízo para o interese xeral e coa fin de posibilitar o exercicio dos dereitos e intereses dos interesados neste tipo de procedementos continuarase coa súa tramitación, sempre que se conte coa CVE: jwLZ3fP489 conformidade dos mesmos. Verificación: https://sede.xunta.gal/cve 2 En virtude do exposto, ACORDO: Primeiro. Reanudar os procedementos que estivesen en tramitación con data 14 de marzo de 2020 ou que se inicien ou vaian a iniciarse con posterioridade á dita data incluídos nas materias anteriormente indicadas. A lista de procedementos iniciados que continuarán a súa tramitación relacionase a continuación: • PE209B- Axudas autonómicas para proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables. • PE209F- Axudas autonómicas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade mediante a recollida de residuos mariños. • PE209G- Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque para a mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade dos produtos desembarcados da pesca. • PE209H- Axudas autonómicas para proxectos de rexeneración que permitan mellorar a
Asinado por: RODRIGUEZ CARBALLO, SUSANA produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos Cargo: Directora Xeral mariños. • PE401D- Permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar. Data e hora: 03/04/2020 10:07:13 Segundo. Publicar o presente acordo na páxina web da Consellería do Mar na forma e para os efectos que determina o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Santiago de Compostela, A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Susana Rodríguez Carballo (Asinado dixitalmente) CVE: jwLZ3fP489 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve 3