تخطَّ إلى المحتوى
Nelum
قوانين إسبانيا

Comunicado del Centro de Coordinación Operativa del 15 de marzo de 2020 sobre Servicios Esenciales para garantizar la actividad portuaria pesquera y evitar la propagación del COVID-19

صدر في 2020-03-15 · النص بتاريخ 2026-10-01

القانون العام والإرشادات الرسمية منشورة بوصفها أبحاثاً. ليست مشورة قانونية أو ضريبية أو مالية.

البحث نفسه مكتوب بالإنجليزية. العناوين والوسوم مترجمة؛ أما النتائج والاقتباسات فغير مترجمة.

عن هذا القانون

العنوان الأصلي
Comunicado do Centro de Coordinación Operativa do 15 de marzo de 2020 sobre Servizos Esenciais para garantir a actividade portuaria pesquera e evitar a propagación do COVID-19
اللغة
Spanish
النوع
أخرى
الدولة
إسبانيا · Galicia
الموضوعات
Fisheries and aquaculture, General
الكلمات المفتاحية
coronavirus disease (COVID-19), hazards, harbour, fishing area, fishery management and conservation

أين تقرؤه

النص

نص القانون نفسه، مادةً مادة، كما هو محفوظ. لكل مادة رابطها.

  1. ACORDO DO 3 DE ABRIL DE 2020 POLA QUE SE PROCEDE Á REANUDACIÓN DOS PROCEDEMENTOS QUE SE TRAMITAN NA DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO DA CONSELLERÍA DO MAR O Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, modificado polo Decreto 39/2018, do 5 de abril, determina as competencias atribuídas a esta Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, das que derivan os procedementos que nela se tramitan. Con data 14 de marzo, publicouse no «Boletín Oficial do Estado», o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en cuxa Disposición Adicional Terceira, apartado 3, establécese: -. “3. Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo ”. No apartado 4 dito Real Decreto prevíase inicialmente a suspensión de todos os prazos administrativos, coa soa excepción daqueles procedementos e resolucións referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, o que foi posteriormente modificado, toda vez que con data 18 de marzo de 2020 publicouse no «Boletín Oficial do Estado», o Real Decreto 465/2020, do 17 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, cuxo artigo único, modifica o apartado 4 da Disposición Adicional Terceira e habilita á Administración para acordar motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que sexan indispensables para a protección do interese xeral. CVE: jwLZ3fP489 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve 1 Así, para determinar, á vista da devandita D.A.3ª nos seus apartados 3 e 4, a continuación dos procedementos que se tramitan neste Dirección Xeral cómpre analizar, principalmente, dous grupos: -. Subvencións: As Exposicións de Motivos, tanto da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, como da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, inclúen as subvencións como un dos instrumentos fundamentais para a consecución dos obxectivos de interese xeral, respectivamente, nos seguintes termos: “Desde a perspectiva administrativa, as subvencións son unha técnica de fomento de determinados comportamentos considerados de interese xeral e mesmo un procedemento de colaboración entre a Administración pública e os particulares para a xestión de actividades de interese público” e, “A concesión de subvencións constitúe hoxe un instrumento básico e indispensable para a consecución dos obxectivos fixados na política social e económica do Goberno da Comunidade Autónoma”.

  2. Considerando que o interese xeral que concorre nos procedementos para a tramitación de subvencións é o mesmo que constitúe o fundamento da súa excepcionalidade, a consecución de obxectivos de política social e económica, considérase imprescindible a tramitación destes procedementos para dar unha resposta adecuada aos cidadáns que os teñan instado, evitando os prexuízos que se lles puidesen irrogar pola suspensión que determina o estado de alarma, sempre coa debida observancia dos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación. Non obstante o anterior, nos procedementos de axudas en réxime de concorrencia competitiva recabarase igualmente a conformidade dos administrados para a súa continuación. -. Autorizacións, permisos ou similares. Procedementos iniciados a instancia de parte, previa solicitude do administrado: Neste tipo de procedementos, iniciados previa solicitude do interesado, óptase por unha interpretación favorable ao administrado que insta o procedemento; así, non existindo prexuízo para o interese xeral e coa fin de posibilitar o exercicio dos dereitos e intereses dos interesados neste tipo de procedementos continuarase coa súa tramitación, sempre que se conte coa CVE: jwLZ3fP489 conformidade dos mesmos. Verificación: https://sede.xunta.gal/cve 2 En virtude do exposto, ACORDO: Primeiro. Reanudar os procedementos que estivesen en tramitación con data 14 de marzo de 2020 ou que se inicien ou vaian a iniciarse con posterioridade á dita data incluídos nas materias anteriormente indicadas. A lista de procedementos iniciados que continuarán a súa tramitación relacionase a continuación: • PE209B- Axudas autonómicas para proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables. • PE209F- Axudas autonómicas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade mediante a recollida de residuos mariños. • PE209G- Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque para a mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade dos produtos desembarcados da pesca. • PE209H- Axudas autonómicas para proxectos de rexeneración que permitan mellorar a

  3. Asinado por: RODRIGUEZ CARBALLO, SUSANA produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos Cargo: Directora Xeral mariños. • PE401D- Permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar. Data e hora: 03/04/2020 10:07:13 Segundo. Publicar o presente acordo na páxina web da Consellería do Mar na forma e para os efectos que determina o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Santiago de Compostela, A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Susana Rodríguez Carballo (Asinado dixitalmente) CVE: jwLZ3fP489 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve 3

Comunicado del Centro de Coordinación Operativa del 15 de marzo de 2020 sobre Servicios Esenciales para garantizar la actividad portuaria pesquera y evitar la propagación del COVID-19 · Nelum