Comunicado del 15 de Marzo 2020 relativo a los servicios esenciales en los puertos para garantizar la actividad portuaria pesquera y evitar la propagación del COVID-19
صدر في 2020-03-15 · النص بتاريخ 2026-10-01
القانون العام والإرشادات الرسمية منشورة بوصفها أبحاثاً. ليست مشورة قانونية أو ضريبية أو مالية.
البحث نفسه مكتوب بالإنجليزية. العناوين والوسوم مترجمة؛ أما النتائج والاقتباسات فغير مترجمة.
عن هذا القانون
- العنوان الأصلي
- Comunicado do 15 de marzo de 2020 relativo aos servizos esenciais nos portos para garantir a actividade portuaria pesquera e evitar a propagación do COVID-19
- اللغة
- Spanish
- النوع
- أخرى
- الدولة
- إسبانيا · Galicia
- الموضوعات
- Fisheries and aquaculture, General
- الكلمات المفتاحية
- coronavirus disease (COVID-19), hazards, harbour, fishing area, marine fisheries, fishery management and conservation
أين تقرؤه
النص
نص القانون نفسه، مادةً مادة، كما هو محفوظ. لكل مادة رابطها.
1 — O teletraballo só se realizará en condicións particulares de circunstancias persoais de especial
1. O teletraballo só se realizará en condicións particulares de circunstancias persoais de especial risco de saúde (problemas de saúde, corentena…) ou cando o coidado de nenos menores de 18 anos non permita a coordinación co outro proxenitor ou acudir á modalidade de flexibilidade horaria como alternativa menos gravosa para a atención como servizo mínimo.
2. Se un porto ten ao seu gardapeiraos de baixa, licenza ou similar, ou ben con teletraballo aprobado, o xefe de zona nomeará a un substituto entre o resto de gardapeiraos dispoñibles na zona.
3. As condicións particulares de cada contrato na circunstancia actual non serán eximentes para seguir as ordes ditadas polo xefe de zona e realizar o traballo en calquera das instalacións indicadas. SERVIZOS CENTRAIS 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA Praza de Europa 5 A – 6º Teléfono: 881 95 00 95 – Fax: 981 545 324 www.portosdegalicia.com
4. Cada porto será atendido polo menos por un gardapeiraos con capacidade de asistencia presencial.
5 — Cada xefe de zona establecerá as instalacións prioritarias de atención e as frecuencias precisas
5. Cada xefe de zona establecerá as instalacións prioritarias de atención e as frecuencias precisas de vixilancia ordinaria. A atención extraordinaria comunicarase tal e como se fai habitualmente.
6. Se un porto ten ao seu gardapeiraos en modalidade de teletraballo o seu teléfono deberá estar dispoñible para realizar asistencia remota ás incidencias que o permitan e a derivación ao compañeiro delegado daquelas que requiran asistencia presencial.
7. Limitarase o contacto interpersoal e respectaranse en todo momento as premisas indicadas por sanidade pública.
8. As oficinas portuarias estarán pechadas ao público e toda comunicación realizarase telefonicamente, telemáticamente, ou na súa falta, en lugares abertos e respectando as distancias adecuadas de 1 a 1,5 m.
9. Nas oficinas portuarias haberá un cartel claro cos teléfonos de atención. Estes teléfonos serán os habituais derivados ao teléfono móbil de cada gardapeiraos.
10. Se nun porto hai varios gardapeiraos dispoñibles poderán establecerse quendas ou ben dedicar algún gardapeiraos a cubrir necesidades doutras instalacións.
11. Se houbese coincidencia nos horarios manterase en todo momento a independencia de cada gardapeiraos, ocupando cada un un único coche.
12. Calquera elemento de posible uso común será convenientemente desinfectado antes da súa devolución á oficina ou almacén para previr posibles contaxios en posteriores utilizacións. PORTOS DEPORTIVOS Durante a vixencia do Real Decreto durante o estado de alarma do COVID-19 suspéndese toda a actividade minorista que non sexa de primeira necesidade, así como a circulación de persoas e vehículos queda limitada ás necesidades básicas. Con todo, ao ser os portos un servizo público e poder existir algún tránsito atracado en porto, podería ser necesario manter servizos esenciais en cada instalación:
1. Persoal indispensable para a realización das tarefas básicas como control de instalacións, amarre, servizo de auga e electricidade.
2. Subministración de carburante, aquel que dispoña do mesmo.
3. Servizo de baños e duchas, intensificando a limpeza e desinfección. Deberanse manter pechados todos os salóns ou habitacións de uso colectivo, salvo os especificados no punto 3. Seguiranse todas as directrices de seguridade para evitar o contaxio do COVID-19 SERVIZO DE PRACTICAXE Manterase o servizo de practicaxe no caso de necesidade inevitable deste. Seguiranse todas as directrices de seguridade para evitar o contaxio do COVID-19 Firmado digitalmente por LENGUAS GIL SUSANA - 16804697T Fecha: 2020.03.16 14:34:49 +01'00'