تخطَّ إلى المحتوى
Nelum
قوانين إسبانيا

Circular Ma-01-2020DA Dirección General de Desenvolvimiento Pesquero, por la que se dictan instrucciones y recomendaciones sobre el desenvolvimiento de la actividad marisquera durante el período de medidas preventivas como consecuencia da evolución del Coronavirus COVID-19

صدر في 2020-03-12 · النص بتاريخ 2026-10-01

القانون العام والإرشادات الرسمية منشورة بوصفها أبحاثاً. ليست مشورة قانونية أو ضريبية أو مالية.

البحث نفسه مكتوب بالإنجليزية. العناوين والوسوم مترجمة؛ أما النتائج والاقتباسات فغير مترجمة.

عن هذا القانون

العنوان الأصلي
Circular Ma-01-2020DA Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se ditan instrucións e recomendacións sobre o desenvolvemento da actividade marisqueira durante o período de medidas preventivas como consecuencia da evolución do coronavirus COVID-19.
اللغة
Spanish
النوع
أخرى
الدولة
إسبانيا · Galicia
الموضوعات
Fisheries and aquaculture, General
الكلمات المفتاحية
coronavirus disease (COVID-19), marine fisheries, authorization/permit, labour, navigation, crustaceans, aquatic animals

أين تقرؤه

النص

نص القانون نفسه، مادةً مادة، كما هو محفوظ. لكل مادة رابطها.

  1. Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños 15701 Santiago de Compostela Teléfono 981 546 176 – Fax 981 546 138 CIRCULAR MA-01-2020 DA DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO, POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS E RECOMENDACIÓNS SOBRE O DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE MARISQUEIRA DURANTE O PERÍODO DE MEDIDAS PREVENTIVAS COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DO CORONAVIRUS COVID-19 O Consello da Xunta de Galicia, reunido o 12 de marzo de 2020, acordou adopcións de medidas especiais en materia de saúde pública na Comunidade autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus “COVID-19”, ao abeiro do disposto, entre outros, nos artigos da Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública e 34 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde pública que habilitan para adoptar medidas preventivas pertinentes ante situación de existencia ou sospeita razoable de existencia dun risco inminente e extraordinario para a saúde. O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 49-Bis o mesmo 12 de marzo de 2020. Por Resolución de 15 de marzo de 2020, da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dáse publicidade ao Acordo do Centro de coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia de coronavirus COVID-19 Analizadas as peculiaridades da actividade marisqueira e a súa xestión en Galicia, de conformidade coas medidas adoptadas polo Consello da Xunta de Galicia e, en relación coas competencias atribuídas a esta Dirección Xeral polo Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, modificada polo Decreto 39/2018, do 5 de abril emítese a presente circular coas seguintes instrucións e recomendacións: a) Instrución respecto da xustificación da actividade marisqueira no período de vixencia das medidas preventivas: As persoas que por motivos de saúde (trastornos inmunitarios, patoloxías crónicas previas, especial vulnerabilidade ás infeccións respiratorias...), estado biolóxico coñecido ou embarazo, poidan ser especialmente sensibles á exposición ao risco de infección, teñan fillos menores ou maiores a cargo que non asistan a actividades de marisqueo, de cara a cumprir co requisito para a renovación dos permisos de actividade suficiente nos plans, establecido nos artigos :

  2. - Artigo 11 da Orde do 15 de xullo de 2011 pola que se regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé. CVE: a3YAC83Oz7 - Artigo 16 da Orde do 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o permisos de marisqueo a pé de recursos específicos. Verificación: https://sede.xunta.gal/cve 1 Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños 15701 Santiago de Compostela Teléfono 981 546 176 – Fax 981 546 138 - Artigo 32 da Orde do 30 de decembro de 2015 Modalidades de recursos e específicos desde embarcación. - Orde do 31 de maio de 1995, en relación cos permiso de explotación a pé con embarcación auxiliar. Esas persoas poderán ver xustificada a inactividade no plan durante o período de vixencia das medidas previstas no punto primeiro do Acordo Consello da Xunta de Galicia – inicialmente 14 días naturais dende o 13/03/2020, sen prexuízo dunha posible prórroga. b) Recomendacións respecto do desenvolvemento da actividade extractiva e doutras actividades do plan: - As persoas que por motivos de saúde (trastornos inmunitarios, patoloxías crónicas previas, especial vulnerabilidade ás infeccións respiratorias...), estado biolóxico coñecido ou embarazo, poidan ser especialmente sensibles á exposición ao risco de infección, e que voluntariamente decidan continuar a actividade marisqueira, deberán comunicalo ós órganos de goberno da entidade asociativa para adoptar, de inmediato, as medidas específicas adaptadas ao seu caso. - Evitarase, na medida do posible, a afluencia de persoas en superficies pequenas de traballo co fin de evitar as aglomeracións neles. - Durante a actividade, disporase unha distancia suficiente entre as persoas e evitarase o contacto físico. c) Recomendacións respecto da organización nos puntos de control en espazos cerrados actividade extractiva: - Controlarase, na medida do posible, a afluencia de persoas no punto de control co fin de evitar as aglomeracións neles. - Durante a espera no punto de control, disporase unha distancia mínima dun metro entre persoas e evitarase o contacto físico. - Aconsellase o uso de xeles en todas as instalacións onde se leve acabo a manipulación, e na medida do posible incrementarase a dispoñibilidade de lavamans.

  3. - Aconséllase incrementar a adopción de medidas de hixiene e desinfección nos espazos e CVE: a3YAC83Oz7 vehículos de transporte do produto ata a lonxa ou punto de venda. Verificación: https://sede.xunta.gal/cve 2 Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños 15701 Santiago de Compostela Teléfono 981 546 176 – Fax 981 546 138 e) Recordatorio respecto a posibilidade de adaptacións dos plans de xestión. - O artigo 21 do decreto 153/2019, do 21 de novembro polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recurso marisqueiros e das algas, establece que as entidades titulares dos plans de xestión, ante circunstancias que dificulten o desenvolvemento do plan, tendo en conta aspectos socioeconómicos poderá solicitar distintas medidas de adaptación para acadar os obxectivos marcados no plan de explotación. A proposta de adaptación virá debidamente xustificada co informe do técnico, de ser o caso e presentarase perante as xefaturas territoriais a través da sede electrónica. f) Ampliación do período de vixencia das autorizacións das xefaturas territoriais para o desenvolvemento dos plans de xestión - As xefaturas territoriais emitirán resolución única ampliando o período de vixencia das autorizacións para o exercicio das actividades de marisqueo que estean en vigor ata o 30 de abril de 2020, e que non afectará a aquelas que xa superen dito período. Poderán ser emitidas novas ampliacións en función da adopción de medidas de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia. As entidades titulares dos plans de xestión e de acordo coas agrupación sectoriais, de ser o caso, poderán adoptar acordos para variar as medidas de xestión das aperturas autorizadas sempre no marco das medidas aprobadas en ditos plans e previa comunicación ás xefaturas territoriais. Asinado por: RODRIGUEZ CARBALLO, SUSANA - Lembrase que as entidades titulares poderán solicitar as autorizacións para o desenvolvemento das actividades de marisqueo dos plans de xestión aprobados. Cargo: Directora Xeral g) Recordatorio da suspensión dos prazos administrativos relacionados co marisqueo - Lembrase que os prazos para a tramitación dos procedementos administrativos están Data e hora: 16/03/2020 12:49:38 suspendidos e que se reanudarán no momento en que perda vixencia o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, ou as prórrogas do mesmo.

  4. En particular lembrase que se suspenden os prazos nos procedementos de renovación dos permisos de explotación de marisqueo a pé que puideran estar en período de presentación de solicitude. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro CVE: a3YAC83Oz7 Susana Rodríguez Carballo (Sinatura electrónica) Verificación: https://sede.xunta.gal/cve 3